Robbins na Lanterna Verde

0
165

Tim Robbins podería ser o pai do superfalcatruán principal que se oporá a Lanterna Verde na vindeira adaptación ao cinema do popular superheroe do cómic que vai realizar a Warner Bros. Pictures.

Peter Sarsgaard é o supermalvado protagonista no papel do Dr. Hector Hammond, un médico que adquire poderes psíquicos. Robbins interpretará ao seu pai, o Senador Hammond, quen se opón ao seu fillo.

Ryan Reynolds é o protagonista absoluto no papel de Lanterna Verde, mentres que Blake Lively é a súa namorada Carol Ferris. A rodaxe escomezará en marzo en New Orleans con Donald De Line e Greg Berlanti producindo.