Draco verá unha aparición

0
155

O actor británico Tom Felton, coñecido polos fans sobre todo polo seu papel de Draco Malfoy na saga de filmes de Harry Potter, ven de se unir ao reparto do thriller actualmente en rodaxe The Apparition na Dark Castle.

Todd Lincoln escribiu o guión e dirixe este proxecto, sobre un experimento realizado por estudantes que remata mal e deixa a unha parella enmeigada por unha extraña forza sobrenatural.

Ashley Greene, Sebastian Stan, Julianna Guill, Luke Pasqualino e Suzanne Ford serán tamén os protagonistas. Joel Silver, Andrew Rona e Alex Heineman serán os produtores.