Soderbergh contáxia-se

0
150

Matt Damon, Kate Winslet, Jude Law e Marion Cotillard están todos a punto de se unir á nova superprodución de Steven Soderbergh, un thriller sobre unha vaga letal titulado Contagion.

Moi semellante ao anterior filme do mesmo director, Traffic, a história ten moitos persoaxes en moitos argumentos que se entremisturan ao longo de vários continentes, todo baixo un factor común, unha pandémia global que ameaza á espécie humana.

Scott Z. Burns (O ultimato de Bourne) escribiu o guión deste thriller de acción, que ven de ser posto á venda para os estudos. A rodaxe dará comezo en outono, unha vez que Soderbergh remate o seu actual traballo á frente de Knockout, un thriller de espías.