Saw chega ao seu final

0
127

O guionista Patrick Melton, que é autor ou coautor de todos os filmes da saga de Saw dende o primeiro até o cuarto, ven de revelar á prensa que a vindeira sétima entrega será posíbelmente a derradeira, principalmente porque a anterior película, Saw VI, foi moito peor do agardado no despacho de billetes. Melton afirmou que non cré que se poida relanzar a franquía nun futuro próximo.