Murray será unha pantasma

845

Bill Murray ven de confirmar o que era un segredo a voces: que estará na tercera entrega de Cazapantasmas. Iso si, o actor ven de revelar asemade en relación á trama da nova película que el mesmo non será un cazador, senon unha pantasma.

A primeira en destapar a sopresa fora Sigourney Weaver, que durante unha das presentacións de Avatar afirmou que Murray sería unha pantasma. Pero poucos acreditaron nestas palabras e non pasaron de ser un mero rumor ou unha ocurréncia da actriz para tomar o pelo aos xornalistas.

Agora é o mesmo Murray quen asegura que será unha pantasma e que a súa presenza no filme dependeu delo. “Volverei para Cazapantasmas 3 para ser unha pantasma. Xa lles avisei no seu momento e dixen ‘participarei na película se me matades ás primeiras de cambio’. Así que me van a converter en pantasma“, dixo eufórico o actor en declaraciónes á prensa inglesa.

De aparecer na película o seu persoaxe do Dr. Peter Venkman pasará a millor vida nos primeiros minutos para se converter nunha presenza do alén. Dirixida de novo por Ivan Reitman, con guión de Lee Eisenberg e Gene Stupnitsky e rodada en 3D Cazapantasmas 3 ten prevista a sua estrea en 2011, se ben o mais probábel é que non chegue ás pantallas até 2012.