Akira á procura dun remake

0
209

Seica os irmáns Hughes (The Book of Eli, From Hell) están a manteren conversas para dirixir o remake tantas veces anunciado pero nunca levado a cabo que tentará poñer ao día o clásico manga e anime dos anos 80 Akira na Warner Bros. Pictures e na Appian Way.

Os últimos informes afirmaban que Mark Fergus e Hawk Ostby estaban a traballar no guión para o filme, ao que o escritor de The Book of Eli Gary Whitta botara previamente unha olladiña. O plan daquela era adaptar os seis volumes do manga épico de Katsuhiro Otomo no canto de se adicar só aos dous primeiros tomos, tal e coma facía o filme de 1998 que adaptou á pantalla grande o clásico cómic xaponés.

Agora semella que a ideia é adaptar a propiedade coma duas longametraxes de duas horas de duración, nas que obviamente cada unha se ocupará de tres volumes da saga do manga. A produción podería escomezar a finais de 2010.