Robocop segue na neveira

0
179

O coguionista de The Wolfman David Self ven de revelar á prensa que até que a MGM estea de novo en marcha traballando en novos proxectos, o remake de Robocop deberá ficar no conxeador.

Aínda estou vencellado ao proxecto con Darren Aronofsky tamén no allo. El está a facer agora mesmo outro filme (Black Swan), pero estamos a agardar que a Metro resolva os seus asuntos xa que son unha empresa moi grande e é unha situación na que temos que ser prácticos. Agardamos poder continuar con eles, esperamos que iso aconteza e podamos escomezar axiña“, dixo Self.

Self tamén confirmou que o filme será esencialmente unha história orixinal, é dicir, un relanzamento, e non unha secuela.

Self está a traballar arestora nun guión que tenta adaptar ao cinema unha novela de 1982 do autor de A identidade Bourne, Robert Ludlum, titulada The Parsifal Mosaic, e que dirixirá Ron Howard.