Harry Potter repite primeira parte

813

Harry Potter e a Pedra FilosofalCo gallo do décimo aniversário da publicación da primeira novela da saga de J.K. Rowling, Harry Potter e a pedra filosofal, a editorial dos libros do pequeno meigo nos Estados Unidos, a Scholastic, sacará á venda a partir de setembro unha edición especial da sua primeira aventura en Hogwarts.

Segundo informa a própria editorial, o novo libro incluirá novo material escrito pola autora J.K. Rowling ademáis dunha nova ilustración para a portada de Mary Grandpré.

É marabilloso para min ter de novo a oportunidade de debuxar outra vez a Harry para os fans“, dixo Grandpré. “Agora amosará-se outro lado de Harry… o máis vulnerábel“, engadiu ao se referir ao seu traballo que representa ao cativo Harry ollando para o espello de Oxesed.

O libro sairá á venda o 23 de setembro a un prezo de 30 dólares (19 euros).