A re-Fuga de New York

767

O remake do clásico do cinema de ciéncia-ficción de John Carpenter realizado en 1981 Fuga de New York ven de atopar estes días un xeito de fuxir do estancamento onde ficaba nos caixóns da Warner Bros. Pictures.

A razón destes novos azos semella ser un guión recén traido por Allan Loeb (21, Wall Street: Money Never Sleeps). Este novo guión seica clava o humor do antiheroe Snake Plissken e ademais muda a misión orixinal do persoaxe, que era rescatar ao presidente dos Estados Unidos, por rescatar a unha senadora (permitindo así, segundo din, potenciais bromiñas).

Outro cambio é a cidade New York en si mesma. No canto das distópicas ruínas que se podían ver na versión orixinal, resultado do que ficara dunha guerra, o escenário aquí sería que Manhattan ficou esencialmente intacta, pero que tivo que ser evacuada e amurallada para se converter en colónia penal após de que estoupara nas proximidades unha bomba nuclear.

O benefício para os estudos respeito ao anterior guión é que xa non terán que reproducir unha custosa New York en ruinas mediante tecnoloxía dixital. Esa idea, do anterior guionista David Kajganich, faría posíbel unha New York ainda recoñecíbel pero moito mais perigosa da que se podía ver no trasfondo de Eu son Lenda.