Tom Cruise regresa a M:I-4

0
204

J.J. Abrams producirá pero non dirixirá a vindeira cuarta entrega da saga de Misión Imposíbel, segundo ven de facer público nun comunicado a Paramount Pictures.

O anúncio confirma asemade que Tom Cruise regresará no papel protagonista e ademais coma produtor de M:I-4, todo coa vista posta nunha estrea que deberá ser no día dos caídos de 2011 (que é en febreiro). A Bad Robot Productions e mais a Skydance Productions cofinanciarán e producirán o filme.

Cruise e Abrams deberán agora escomezar a procurar un director. Josh Applebaum e Andre Nemec, que foron os guionistas das tempadas finais da série de TV creada por Abrams Alias e no remake de Life on Mars, serán os autores do libreto.