Cruz e o fantástico

609

A amada e detestada por partes iguais Penelope Cruz está en negociacións para se reunir unha vez mais co actor Johhny Depp (con quen xa coincidira en Blow) para coprotagonizar esta vez a cuarta entrega de Piratas do Caribe, Pirates of the Caribbean: On Stranger Tides para a Disney Pictures.

Tal e coma se anunciara previamente, Depp repetirá o seu papel de capitán Jack Sparrow, que parte na procura da Fonte da Xoventude. O persoaxe de Cruz sería o de compañeira e case igual de Sparrow, segundo as fontes consultadas por NOVA FANTASIA.

O director de Cruz en Nine, Rob Marshall, será quen dirixa esta cuarta entrega dos Piratas, que comezará a se filmar en Hawaii este verán coa vista posta nunha estrea que se producirá ao longo do an oque ven.

Por outra banda, a actriz latina podería ser a protagonista do vindeiro proxecto do director de filmes coma Antichrist e Dogville, o cineasta dinamarqués Lars von Trier, un thriller psicolóxico titulado Melancholia.

O proxecto, de 5 millóns de dólares, utilizará algúns elementos de ciéncia-ficción e moitos efectos especiais, pero segundo se comenta, será sobre todo unha exploración escura do punto de vista psicolóxico dun desastre.

A rodaxe dará comezo en Suécia e Alemaña a finais deste ano, coa vista posta nunha estrea que podería ser no Festival de Cinema de Cannes de 2011. Peter Aalbaek Jensen será o produtor.