O burato vai espertando

0
178

Ainda que a vindeira Tron: Legacy sexa mais unha secuela ca un relanzamento do filme orixinal dos anos 80, o director Joseph Kosinski ven de revelar á prensa que a súa nova versión do filme de 1979 O Burato Negro si que será definitivamente un relanzamento.

Non será unha secuela coma Tron. Esta vai ser unha reimaxinación. Para min, sería coller ideias e elemtnos icónicos que me impresionaron tan intemporais e tan guais e preserva-los mentres lanzo unha nova história ao redor delos que é mais axeitada para os anos 10“, dixo Kosinski, quen será o realizador da nova película que “abrazará o concepto dun xeito científico estrito“.

O filme está ainda no caixón agardando a súa aprobación, mentres que Kosinski e mais o seu guionista Travis Beacham teñen previsto escomezar o traballo nos vindeiros meses.