O "novo" de Matheson

0
169

Os produtores Walter Parkes e Laurie MacDonald veñen de se facer cos dereitos para o cinema sobre a novela Earthbound, orixinal do mesmo autor ca Eu son Lenda ou Stir of Echoes, Richard Matheson.

A história vai sobre un home casado que ten unha aventura cunha muller mais nova, que resulta ser unha pantasma con motivos mais sinistros ca románticos.

A parella anteriormente citada e mais Keri Selig serán os produtores, mentres que Ronnie Christensen (Passengers, Locked In) adaptará o guión para a pantalla grande.

O proxecto non entra dentro do contrato que manteñen coa Dreamworks, senón que será desenvolvido en conxunción coa Imagenation de Abu Dhabi (The Way Back, The Beaver).