Diesel repetirá de Riddick

0
213

Ven de se facer oficial que Vin Diesel será o protagonista e produtor dun terceiro filme que continuará a saga do seu famoso antiheroe Riddick na Universal Pictures e na Lionsgate.

O realizador de Pitch Black e As Crónicas de Riddick, David Twohy, regresará unha vez mais á cadeira de director, esta vez cun guión escrito por el mesmo. A história tentará fuxir do culebrón espacial no que se converteu a segunda parte e facer no seu lugar un filme mais escuro, tipo thriller, no que o persoaxe de Riddick sexa o argumento central. mais ou menos coma na primeira película da saga, Pitch Black.

A produción non escomezará alomenos até que Diesel remate o seu actual traballo en Fast Five, a quinta entrega da franquía de Fast and Furious.