O guionista Nick Pustay (Ramona and Beezus) ven de ser contratado para adaptar a novela romántica sobrenatural de Maggie Stiefvater Shiver para os estudos Unique Features.
A história, que é a primeira dunha triloxía, vai sobre un romance sobrenatural agridóce entre un adolescente que se converte en lobo todos os invernos e a súa moza, quen o axuda para descubrir o segredo que o fará ficar por sempre humano.
Bob Shaye e Michael Lynne serán os produtores. A segunda novela da série, Linger, ainda non foi publicada, pero se agarda nas librarías para o mes de agosto.