Silverstone a vampiresa

0
176

A actriz de Clueless (un filme que se puido ver en Galiza baixo o título español de Fuera da onda) Alicia Silverstone e mais o súa guionista e directora daquela Amy Heckerling volverán a se xuntar nun mesmo proxecto, nesta ocasión a comédia Vamps para a Red Hour Films e mais a Lucky Monkey Pictures.

Silverstone e Krysten Ritter interpretarán a dúas fermosas vampiresas que levan moitos anos disfrutando dos encantos da vida noiturna de Manhattan, até que un día chega o amor ás súas vidas. Cada unha deberá tomar unha decisión, unha que podería poñer en perigo a súa existéncia coma seres inmortais.

Heckerling escribirá o guión e dirixirá o proxecto, que comeza a se rodar en abril. Lauren Verse, Maria Teresa Arida e Molly Hassell producirán.