Emmerich rodará a Fundación

0
205

Roland Emmerich, director de 2012, anunciou este venres os seus plans para adaptar ao cinema, coa mesma tecnoloxía ca Avatar, a triloxía da Fundación, un dos grandes piares da ciéncia-ficción, obra de Isaac Asimov.

O cineasta alemán pretende rodar tres películas en 3D e empregando a técnica de “performance capture”, que dixitaliza aos actores, incluidas as suas voces, e os converte en imaxes xenadas por computador.

A tecnoloxía de Avatar póde-se aplicar a Fundación“, dixo Emmerich á prensa. “Tén-se que facer todo por computador porque non sabería como rodar todo iso na realidade“, engadiu. Emmerich traballou no guión con Robert Rodat, autor de Salvade ao soldado Ryan. O realizador xermano pretende deste xeito dar un paso adiante na súa carreira profesional.

Probábelmente agora todas as grandes películas terán que ser en 3D, non só polo seu efecto, coma demostrou Avatar, senón porque consigue que poidas pedir mais cartos para a produción; aí está a clave“, manifestou.

Emmerich foi ún dos privilexiados que estivo presente na rodaxe de Avatar, de James Cameron, e admite que ese xeito de rodar “é o camiño definitivo para o cinema“.

Fundación (1951) é o primeiro libro da triloxía orixinal escrita por Asimov, composto por cinco relatos curtos que narran a decadéncia dun império galáctico.