Vlad o Empalador, de moda

0
212

Scott Kosar (The Crazies, The Machinist) será o encargado de levar a cabo unha série de adaptacións ao guión orixinal do filme que explorará ao persoaxe de Drácula cando era novo, o filme Vlad que van realizar conxuntamente a Summit Entertainment e mais a Plan B.

O guionista de Sons of Anarchy Charlie Hunnam escribiu o primeiro guión, centrado no xoven príncipe Vlad o Empalador, o home que hai após do mito de Drácula.

Anthony Mandler dirixirá o proxecto que producirán Brad Pitt e Dede Gardner. Esta longametraxe non debe confundir-se cun proxecto semellante que están a levar a cabo Alex Proyas e que será producido pola Universal Pictures, tamén sobre a figura de Vlad o Empalador.