Frankenstein de Dean Koontz

0
161

A 1019 Entertainment ven de se facer cos dereitos para o cinema sobre a série de novelas do escritor de terror Dean Koontz titulada Frankenstein.

Ambientada no New Orleans da actualidade, a série vai sobre as actividades de Victor Frankenstein mentres continúa tentando crear novas formas de vida para os seus própios propósitos, un par de detectives de homicídios e mais o monstro orixinal de Frankenstein, agora coñecido coma Deucalion.

Polo de agora levan-se publicados tres libros desta saga e un cuarto é esperado nas tendas para este ano. Ralph Winter e Terry Botwick serán os produtores.