A Columbia podería desenvolver unha longametraxe coa actualización e posta ao día de Flash Gordon e xa entrou en conversas para adquirir os dereitos cinematográficos, con Breck Eisner vencellado para dirixir e Neal Moritz na produción. Eisner tamén sería o produtor executivo.
Flash Gordon naceu coma unha tira diária de cómic nos xornais americanos dos anos 30, co debuxo de Alex Raymond, foi adaptado a seriais radiofónicos e en 1980 se fixo unha película que protagonizou Sam Jones. A adaptacióin máis recente foi unha minisérie para a televisión que emitiu a canle SCI FI Channel e que protagonizou Eric Johnson.