Detalles para Riddick 3

0
172

Se a semana pasada tivemos a confirmación de que Vin Diesel e mais o director e guionista David Twohy volverían axuntar-se para unha terceira entrega da saga do persoaxe dos filmes de ciéncia-ficción Riddick, hoxe sabemos xa algúns detalles sobre a trama do filme grazas aos rumores que se puideron escoitar durante o European Film Market, a feira europea do cinema.

Tal e coma anunciáramos previamente, o filme vai tentar esquecer-se do concepto de space opera (culebrón espacial) que estivo presente na segunda película e procurará algo mais preto do tón de terror do primeiro filme, no que Riddick era o protagonista absoluto.

Segundo os rumores, a história escomezará cando deixan a Riddick abandoado coidando qu eestá morto nun planeta afastado, onde deberá negociar con dous grupos de cazarrecompensas na procura duns foguetes, mentres tenta po;er-se a salvo dos bisontes de tres patas e os demos de lama.

No final da anterior película Riddick ficaba ao mando do exército dos Necromongers mentres tentaba a procura do  Underverso. Non está claro se se fará algunha mención a estes feitos ou se terán algunha releváncia para a prevista terceira parte.

Diesel revelou a pasada semana que parte da rodaxe terá lugar no Deserto Branco de Farafra, Exipto, probábelmente contra finais deste ano. Os filmes anteriores foran rodados no sul de Austrália e en Vancouver respectivamente.