Paltrow tamén contaxiada

0
147

Todo semella indicar que Gwyneth Paltrow é a nova fichaxe de Steven Soderbergh para o seu vindeiro filme, Contagion, que a Participant Media cofinanciará finalmente.

O proxecto, cun orzamento de 60 millóns de dólares, conta cun reparto de estrelas, xa que está protagonizado por Kate Winslet, Matt Damon, Marion Cotillard e Jude Law. A história é un itento global de espallar un virus mortal polo mundo.

Scott Z. Burns escribiu o guión, e o proxecto está ainda pendente de que algúns grandes estudos acepten produci-lo, para o cal deberán primeiro gañar a poxa que está prevista.