Meccano no cinema

0
165

A produtora de cinema independente Helix Films e mais a Meccano Toy Company van unir as súas forzas para desenvolver unha longametraxe en tres dimensións baseada no popular xoguete do Mecano.

O Mecano (Meccano, na súa versión orixinal) foi creado en Inglaterra en 1901 como xoguete de construción que permitía aos nenos fabricar modelos e dispositivos mecánicos. O produto orixinal e mais os seus derivados vénden-se hoxe en mais de 80 países.

O tón do filme será unha película fantástica e de aventuras para toda a família, se ben os detalles sobre o argumento mantéñen-se en segredo. O proxecto contará cun guión orixinal que tentará crear unha novas franquía de películas.