Jeffrey Wright ao Código Fonte

0
157

Jeffrey Wright ven de se unir ao reparto do thriller de ciéncia-ficción Source Code da Summit Entertainment.

O realizador Duncan Jones (Moon), que é o guionista e director do proxecto, confirmou a nova por médio da súa conta en Twitter.

Jake Gyllenhaal será un piloto de helicóptero que participa nun programa experimental antiterrorista do governo que pon a súa conciéncia no corpo dun pasaxeiro dun tren que é testenmuña dun atentado cunha bomba. A partir dese intre deberá revivir o incidente unha e outra vez até que poida atrapar ao responsábel.

Vera Farmiga interpreta a unha encargada da estación que aconsella a Gyllenhaal nas súas investigacións, mentres que Monaghan é unha pasaxeira namorada do home cuxo corpo está a ocupar a mente de Gyllenhaal.