A novela de Avatar

0
224

O produtor de Avatar Jon Landau ven de revelar nunha recente entrevista na televisión que o director James Cameron ven de escomezar a escribir unha novela que será unha precuela do seu filme de ciéncia-ficción épico e que podería aparecer a finais deste ano.

Landau dixo especificamente que esta non será unha novelización da história xa coñecida no cinema e que “Jim quere escribir unha novela que é unha história grande, épica, que encha moitas cousas“.

Así que o que é o que podemos agardar? “Sería algo que levaría a narrar a história do filme, pero iría moito mais aló sobre todas as histórias sore as que non tivemos tempo de entrar, coma o coléxio e o persoaxe de Sigourney Weaver ensinando nese coléxio; Jake na Terra e a súa história anterior e como chegou aquí, a morte de Tommy, o irmán de Jake; e o coronel Quaritch, como é que rematou alí e todo iso“, dixo Landau.

Landau engadiu que algunhas das escenas de Avatar que remataron curtadas poderían resucitar xa sexa para o libro ou para outros tipos de publicación (coma cómics): “Podería haber oportunidades noutros médios para narrar o trasfondo, contar algunhas das histórias da guerra na Terra, o que foi da vida de Jake antes do filme. Teríamos todo iso preparadado para cando haxa que contar a história do que aconteceu en Pandora moitos anos despois de que a nosa película rematara“.

Landau tamén revelou que Cameron mantivo conversas con Marc Webb, o director do vindeiro relanzamento de Spiderman para a Sony Pictures, para discutir a posibilidade de face-lo en 3D. Landau dixo que “queremos axudar todo o que sexa posíbel“.