Natali explora os túneis

0
197

O director do filme de culto Cube, Vincenzo Natali, fará a adaptación á pantalla grande da série de libros best-seller para nenos Tunnels para a Relativity Media.

Roderick Gordon e Brian Williams son os autores do libro que vai sobre un rapaz de 14 anos cuxo pai arqueólogo desaparece, após do cal verá-se arrastrado a un mundo secreto de subterráneos dominado polo sinistro e maléfico Styx. A série conta polo de agora cun total de tres tomos: Tunnels, Deeper e Freefall. Closer, o que será o cuarto tomo da saga, ten previsto aparecer nas librarías o 3 de maio.

Simon Sandquist e Joel Bergvall son os encargados de adaptar o guión mentres que Ryan Kavanaugh, Mark Canton, Danny Davids e Neil Canton serán os produtores.

O filme mais recente de Natali, Splice, foi premiado no recente festival de cinema de Sundance hai un mes.