Nado da esperanza é unha realidade

0
220

O director Peter Jackson foi o encargado de levar á pantalla grande a história épica de J.R.R. Tolkien, O Señor dos Anéis, que se converteu dende aquela nunha das triloxías mais salientábeis da história do cinema. E asemade dende aquela Kate Madison, procedente de Cambridge (Inglaterra), tivo moi claro que quería facer unha secuela de seu.

As escenas de batalla e mais a incríbel selección dos persoaxes inspiraron-me realmente“, declarou Madison, de 31 anos. A inglesa empezou co proxecto a mediados de 2008; actualmente, a sua película conta xa con centos de miles de visitas en Internet.

Madison non dispoñía do orzamento requerido por Jackson na súa saga nin tampouco dos marabillosos paisaxes de Nova Celándia; nombergantes, isto non lle impediu cumprir co seu propósito. Investiu capital de seu, uns 9.000 euros, e continuou traballando ao tempo que comezaba a rodar.

Pouco despois Madison publicou un tráiler en YouTube que lle permitiu publicitar o filme e con elo dispór dos cartos procedentes dalgúns donativos. Ao cabo, o seu orzamento incrementou-se noutros 20.000 euros.

Madison non só se encargou da dirección e da produción, senón que tamén se animou á interpretación e se puxo na pel de Elgarain, ún dos persoaxes desta secuela. Pero, sen dúbida, Madison debe agradecer a colaboración de toda a sua equipa composta por un total de 400 persoas.

A fita, titulada Born of Hope (Nado da Esperanza), narra a história de Arathorn e Gilraen, os pais de Aragorn (interpretado no cinema por Viggo Mortensen), incluida tamén nas novelas de Tolkien. Atópa-se dispoñíbel de xeito gratuíto na rede, onde xa é todo un éxito.

Despois de mais dun ano de rodaxe en distintas localizacións de Inglaterra, a película está lista. “Había veces que facía moito frío e erguías a vista, mirábas-te no médio dun bosque e te preguntabas se realmente o conseguiríamos“, revelou Madion. “Agora xa está feito e é un sentimento incríbel“.

Born of Hope non é a única secuela que os admiradores de O Señor dos Anéis quixeron regalar-lle á saga de Tolkien: o pasado ano, outro grupo de fans estreaba The Hunt for Gollum, un filme online sen ánimo de lucro, que requeriu dun orzamento de 3.700 euros. A fita tamén estaba inspirada na triloxía de Jackson, pero, a diferéncia do filme de Madison, neste caso a trama foi ideada polos mesmos admiradores.