É Seyfried a Carrapuchiña?

0
180

Amanda Seyfried (Mamma Mia, Dear John) é a favorita para interpretar ao persoaxe protagonista no vindeiro filme de Catherine Hardwicke A carrapuchiña vermella.

O guión, que é unha narración contemporánea do clásico conto gótico escrito polos irmáns Grimm, descríbe-se pola produtora coma un “material de xénero elevado” con liñas de Shutter Island e que recentemente obtivo unha moi boa reescritura a cargo do guionista de Orphan, David Johnson.

A luz verde definitiva para o filme está á espera de que axiña se chegue a un acordo sobre a propriedade. A directora de Twilight, Hardwicke, semella moi convencida de que este será o seu seguinte proxecto.

A produtora de Leonardo DiCaprio, a Appian Way, será a encargada de poñer os cartos.