O pulp de Doc Savage

0
166

O guionista reconvertido en director Shane Black (Kiss Kiss, Bang Bang) será o encargado de realizar a adaptación á pantalla grande do clásico persoaxe das novelas pulp americanas dos anos 30 e 40 Doc Savage para a Original Film e mais a Sony Pictures.

Tal e coma se anunciara previamente, Black, que escribiu os guións de Arma Letal e O derradeiro Boyscout, escribirá tamén o argumentos deste filme, se ben xunto a Anthony Bagarozzi e mais a Chuck Mondry.

A versión cinematográfica do heroico aventureiro con poderes e intelixéncia case superhumáns estará ambientada nos anos 30 do pasado século e incluirá aos Fabulosos Cinco, cinco compañeiros habituais do heroe que apareceron en diversos libros.

Neal Moritz será o produtor.