O Cuarto Reino da Fox

0
214

A Fox ven de se facer cos dereitos sobre a triloxía Fourth Realm, unha série de novelas de ciéncia-ficción do escritor John Twelve Hawks.

O primeiro tomo da série, The Traveller, está ambientado nuns Estados Unidos alternativos cuxa sociedade está baixo constante vixiáncia por unha organización secreta. Os “Travellers” (Viaxeiros) son un grupo xa case extinguido de xente que pode proxectar o seu espírito a outras dimensións.

O argumento principal segue as andainas de Maya, un Arlequín (gardiáns dos Viaxeiros) reácio, que debe protexer a dous irmáns Viaxeiros que son demasiado inocentes.

O co-guionista de Watchmen Alex Tse será o encargado de adaptar esta nova franquía baixo a produción de Gil Netter e Andrew Tennenbaum. Os libros xa foron supervendas, axudados polo seu autor, un tipo misterioso de quen non se coñece nada, agás que vive recluido e a que nin tan sequera o seu axente viu xamais en persoa.