Barbanegra, o pirata malo

0
183

O lendário actor Ian McShane (Deadwood, 44 Inch Chest) está en negociación para interpretar a Barbanegra, o principal malvado de Pirates of the Caribbean: On Stranger Tides, a vindeira cuarta entrega da meirande franquía da Disney (á parte dos debuxos animados, claro).

Nado coma Edward Teach, o famoso pirata inglés Barba Negra foi o capitán do navío Vinganza da Raíña Ana e operou polas Índias Occidentais a princípios dos anos 1700.

Ao contrário que algúns dos seus mais sanguinários colegas de armas, Teach foi un intelixente home de negócios que utilizou a súa temíbel imaxe para se gañar unha reputación de cruel e malvado e así obter todo o que desexaba sen ter que recurrir á forza.

Tal e coma se anunciara previamente, Johnny Depp repetirá o seu papel de capitán Jack Sparrow nunha história que ten coma eixo central a procura da fonte da xoventude. Penélope Cruz entrou no reparto recentemente nun papel do que ainda non se sabe moito, agás que será a compañeira e igual de Sparrow.

Terry Rossio e Ted Elliot escribiron o guión. Rob Marshall será o director e Jerry Bruckheimer encargará-se da produción. O filme ten previsto o escomezo da rodaxe para o mes de maio.