A guerra dos deuses

0
186

A actriz índia Freida Pinto (Slumdog Millionaire) ven de se unir ao xa amplo reparto de actores que protagonizarán o filme sobre mitoloxía grega épica War of the Gods para a Relativity Media e mais a Universal Pictures.

O protagonista da série de televisión Os Tudor Henry Cavill fará de Teseo, o xoven guerreiro que lidera aos homes e mais aos deuses do Olimpo nunha batalla para derrotar aos Titáns, os antigos deuses que levan moito tempo encerrados e que planean servir-se dos demos para recuperar o seu poder.

Pinto fará de Fedra, unha sacerdotisa do oráculo que se une á procura de Teseo. Tarsem Singh dirixe o proxecto, descrito pola produtora coma “un filme de acción pura feito coa fasquía dun cadro do Renacemento e con toques modernos“.

Jason Keller escribiu a versión mais recente do guión, mentres que Gianni Nunnar, Mark Canton e Ryan Kavanaugh encárgan-se da produción. A rodaxe dará comezo en abril.