Ándele, ándele!!

0
196

A New Line e mais a Warner Bros. Pictures están a planear levar ao rato mexicano mais famoso da tele á pantalla grande. Speedy Gonzales será unha longametraxe que xuntará acción real con imaxes xeradas por computador e que porá nas patallas ao rato mais veloz do mundo.

Alec Sokolow e Joel Cohen, que xa se encargaron de adaptar o cómic Garfield á pantalla grande cun formato semellante que mistura a acción real coas imaxes por computador, serán os guionistas desta história, que se ambientará na actualidade.

O argumento tratará sobre Speedy, un xoven e incomprendido rato mexicano, que debe abandoar a súa casa e a súa família para descubrir o mundo e averiguar en que é bó. Axiña fará-se amigo dun nervoso piloto de carreiras.

George Lopez porá-lle a voz ao persoaxe e será ademais o produtor xunto con Anne Lopez, Lynette Ramirez, Jerry Weintraub, Tracy Ryerson e Jill Arthur.