Dentro do rañaceos

0
165

Eric Balfour (Texas Chainsaw Massacre) e Donald Faison (SCrubs) axuntarán-se no novo thriller de ciéncia-ficción Skyline.

Ambientado nun rañaceos de Los Angeles, Faison interpretará a un exitoso home de negócios que consegue que o seu vello amigo (Balfour) veña a Califórnia para unha noite de festa. Á mañá seguinte espertan e atopan que algo misterioso e ultraterreo está a eliminar á humanidade, e un pequeno grupo de sobrevivintes dentro do edifício deben defender-se dos ataques. Scottie Thompson e Brittany Daniel tamén serán protagonistas desta história.

Os especialistas de efectos especiais convertidos en directores Greg e Colin Strause (Aliens vs. Predator: Requiem) serán quen realicen e produzan este filme a partir dun guión de Joshua Cordes e Liam O’Donnell. A rodaxe xa escomezou hai uns días en Los Angeles.