Novo piloto para o coche fantástico

0
223

Justin BrueningO guapeiras de All My Children, Justin Bruening, ven de ser contratado para interpretar o papel principal no episódio piloto que a NBC vai facer de Knight Rider, unha secuela inspirada en Transformers da série dos anos 80 O coche fantástico, e da que se agarda sexa emitida coma telefilme a mediados do ano que ven.

Bruening interpretará ao fillo de Michael Knight, o persoaxe que facía David Hasselhoff na série orixinal. E cuspidiño có pai, así o fillo: a elección de Bruening ten moitas semellanzas coa que se fixo hai 25 anos de Hasselhoff. Coma Bruening, Hasselhoff era unha estrela dos culebróns (The Young & the Restless) con moi poucos créditos á parte dese cando aterrou no papel de Michael Knight. E ademáis, contaba case coa mesma idade de Bruening, quen agora ten 28 anos.

Steve Shill será o director e co-produtor executivo do telefilme, cuxo guión foi escrito por Dave Andron. Doug Liman e Dave Bartis serán os produtores executivos por parte da Universal Media Studios e da Dutch Oven Productions.