Jake Gyllenhaal e Gemma Arterton serán os protagonistas de Prince of Persia: The Sands of Time, a adaptación ao cinema da Disney e da Jerry Bruckheimer Films do popular videoxogo da Ubisoft. Polo de agora só se sabía que Mike Newell ía ser o director.
Nesta aventura fantástica, Gyllenhaal interpretará a Dastan, un xove príncipe na Pérsia do século VI, que deberá unir as súas forzas coa bela Tamina (Arterton), unha loitadora e exótica princesa, para evitar que un malvado nobre se apodere das Areas do Tempo, un regalo dos deuses que pode reverter o tempo e permitir ao seu posuidor governar o mundo.
Jordan Mechner e Boaz Yakin escribiron o guión, baseándose nos videoxogos creados polo mesmo Jordan Mechner. A produción debería escomezar no mes de xullo e a rodaxe será en Marrocos e en Inglaterra.
A Arterton poderemos ve-la axiña no novo filme de James Bond, Quantum of Solace.