A Fox 2000 en Incarceron

0
173

A Fox 2000 e mais a Seed Productions veñen de se facer cos dereitos para o cinema sobre a série de novelas para adolescentes de Catherine Fisher Incarceron.

A fantasía distópica vai sobre un rapaz encarcerado nunha prisión vivinte no futuro que está governada pola rivalidade e mais o salvaxismo, e a filla do alcaide da prisión que vive fóra dela. Todo elo nun mundo futuro que se asemella moito ao século XVII, onde a rapaza está obrigada a casar nu nmatrimónio concertado. Os dous protagonistas atopan un dispositivo, unha chave de cristal, que lles permite comunicar-se entre si.

O proxecto está á procura de guionistas e directores, e xa conta cun produtor: John Palermo. A segunda novela na série, Sapphique, chegará ás librarías a princípios do ano que ven.