Quaritch en Conan?

0
206

O malo de Avatar, Stephen Lang (o coronel Miles Quaritch), ven de recibir unha oferta que é moi semellante á do seu último papel, xa que podería ser agora Khalar Singh, o principal antagonista no vindeiro relanzamento da franquía de Conan que está a proxectar a Millenium Films.

O persoaxe descríbe-se coma un señor da guerra e un terríbel inimigo que venceu en moitas campañas. Leva moito tempo a construir un império no seu esforzo por atopar á raíña de Acheron, un ser cuxo sangue pode usar-se para controlar a un exército de demos para protexer ao seu feble fillo e o seu legado dun mestre feiticeiro.

Singh é tamén o responsábel neste filme da matanza da vila cimméria na que morreron todos os veciños e familiares de Conan. Na longametraxe, Singh está xa por completar a súa busca cando o Conan adulto aparece á procura de vinganza contra o déspota.