Lincoln contra os Vampiros

759

O que acontece cando se axunta o mais grande Presidente dos Estados Unidos e mais unha manchea de vampiros? Pois algo saben os directores Tim Burton (Alice in Wonderland 3D, Sweeney Todd) e Timur Bekmambetov (Wanted, Night Watch), quen unirán as súas forzas na adaptación ao cinema da novela de Seth Grahame-Smith Abraham Lincoln: Vampire Hunter.

A história que nos ofrecen comeza cando a nai de Lincoln morre por mor do ataque dun vampiro. escomezando asemade a paixón do futuro Presidente por matar ás devanditas creaturas. Como resultado, o máximo mandatário americano rematará por se converter nun poderoso cazador de vampiros que procura a vinganza sobre os monstros mentres se forxa o seu camiño cara á Casa Branca.

Burton, Bekmambetov e Jim Lemley serán os produtores. Grahame-Smith é tamén o autor da aclamada novela Orgullo e Prexuizo e Zombis, que Natalie Portman levará ao cinema da man da Lionsgate.