Bayer: non mais Elm Street

807

Samuel Bayer, o director do vindeiro remake de Pesadelo en Elm Street, revelou recentemente que non ten maior interese en regresar para facer unha secuela do devandito filme, se é que se deciden a face-la.

Non estarei vencellado a unha secuela… non quero que a miña seguinte película sexa unha de terror… coido que vou mover-me e deixar paso a alguén que poida facer-se cargo da seguinte, e será estupendo“, dixo na entrevista.

O seu seguinte proxecto de feito podería ser a adaptación ao cinema da novela gráfica de Garth Ennis The Boys, actualmente en desenvolvemento na Sony Pictures. O cómic vai sobre unhaequipa de operación especiais secreta cuxa misión é destruir aos superheroes que están fóra de control.