Volven os marcianiños

0
155

A Warner Bros. Pictures está en negociacións coa empresa xaponesa Taito para se facer cos dereitos para o cinema sobre o clásico videoxogo dos anos 80 Space Invaders.

O xogo en si mesmo, que apareceu por primeira vez en 1978 e é esencialmente o primeiro da súa clase que chegou ao mercado, consite nada mais que en destruir as naves extra-terrestres que van aparecendo na pantalla, cada vez mais á presa, até que algunha delas toca o chan onde está a plataforma de disparo. Un filme baseado neste guión tan escasiño deberá inventar moito para poder ofrecer unha hora e média de acción, pero iso é o que pretenden os directivos da Warner: contar cunha total liberdade á hora de inventar o argumento e poder contar a história que queiran.

Mark Gordon, Jason Blum e Guymon Casady serán os produtores. O filme úne-se asemade a outros dous clásicos dos videoxogos dos anos 80 que están en desenvolvemento, embos tamén sen moito que contar en princípio: Asteroids na Universal e Missile Command na Fox.