Novos detalles dos filmes da Marvel

0
212

Kevin FeigeKevin Feige, presidente da Marvel Studios, confirmou que a vindeira película The First Avenger: Captain America estará ambientada durante a Segunda Guerra Mundial, coma o cómic no que está baseado, e botou abaixo o rumor que apuntaba a que Matthew McConaughey ía interpretar ao super-heroe. Feige engadiu que o Capitán América axudará a promocionar un eventual filme sobre os Vingadores, que seguirá seis semanas despois

Feige tamén referiu-se ao filme de Thor, confirmando que terá lugar sobre todo en Asgard, o mítico reino nórdico dos deuses, e non no mundo real contemporáneo. Ademáis, dixo que a finais de verán saberá-se quen vai ser o director, que deberá contar cun guión que está a escribir Mark Protosevich (The Cell) e que estará rematado nun par de semanas.

As datas de lanzamento para os filmes de super-heroes da Marvel serán: Iron Man 2 (para o que pretenden contar de novo co director Jon Favreau) o 30 de abril de 2010, Thor o 4 de xuño de 2010, e The First Avenger: Captain America o 6 de maio de 2011. O filme dos Vingadores fica para o 1 de xullo de 2011.