A viaxe do Demeter

0
194

O cineasta austríaco Stefan Ruzowitzky (The Counterfeiters) está a negociar a súa participación como director do thriller de terror The Last Voyage of the Demeter para a Phoenix Pictures.

Baseado nun dos capítulos da inmortal novela clásica Drácula escrita polo irlandés Bram Stoker, a história cónta-nos a terríbel viaxe por mar que fixo o malvado conde transilvano camiño a Inglaterra, no barco mercante que o levaba a Londres.

Na novela, Stoker narrou a história por médio do caderno de bitácora do capitán, que comeza a travesía en Bulgária e vai-se facendo cada vez mais aterradora, mentres os membros da trupulación van desaparecendo un a un xa que Drácula ten que se alimentar deles para poder sobrevivir. O barco por fin chega a Inglaterra, estrelándo-se nas rochas en Whitby e tendo como único tripulante ao seu capitán morto e atado ao timón.

Bragi Schut escribiu o guión deste filme hai xa dez anos nun proxecto wur leva moitos anos xestándo-se e que xa viu pasar como directores nada menos que a Marcus Nispel (Friday the 13th, The Texas Chainsaw Massacre) e a Robert Schwentke (Flightplan, Time Traveler’s Wife).

Mike Medavoy, Arnold Messer e Bradley Fischer serán os produtores.