Ford fala de Indy 5

0
220

Harrison Ford ven de revelar que el, Steven Spielberg e mais George Lucas xa teñen “o xérmolo dunha ideia” para a quinta entrega da saga de Indiana Jones.

O actor dixo nunha entrevista á BBC que “xa veremos o que sae dela…O proceso funciona así, chegamos a algún acordo básico e logo George marcha por un longo tempo para traballar nel. Despois Steven e mais eu poñemo-lo en forma [de guión], unha forma embriónica. Logo se nos gusta comezamos a traballar con George sobre el e nalgún momento posterior está listo e facémo-lo“.

Isto sinifica que mesmo que se chegan a un acordo sobre o primeiro esbozo de guión de Lucas, ainda nos quedan moitos anos para que o filme se faga totalmente. E mália as malas críticas colleitadas, a cuarta entrega de Indiana Jones, o Reino da Caveira de Cristal, fixo-se con nada menos ca 800 millóns de dólares no despacho de billetes.