Marco Polo volve ao cinema

0
229

Francis Lawrence (Eu son Lenda, Constantine) dirixirá unha longametraxe sobre o persoaxe histórico de Marco Polo para a Warner Bros. Pictures.

Ainda que como figura histórica Marco Polo é real e non ten ren de fantástico, o filme non quere ser unha mera biografía e desexa aproveitar as fazañas do explorador europeo nun século XIII onde os asiáticos posuían unha cultura superior, ambientando o argumento nun reino oriental de fantasía, segundo revelaron os guionistas Adam Cooper e Bill Collage, encargados de escrbir o libreto para o filme.

Polo foi un comerciante veneciano do século XIII e foi o primiro europeo (alomenos, o primeiro documentado) que viaxou durante 24 anos por toda Ásia central e chegou ao império chinés, daquela governado polo Kublai Khan.