Slade segue na noite

0
180

O director de 30 Días de Escuridade David Slade, que tamén dirixiu o filme deste verán The Twilight Saga: Eclipse, seica non se apea do xénero e xa lle tomou gusto ao mundo da escuridade, porque o seu seguinte proxecto é a adaptación ao cinema de The Shadow (A Sombra) na 20th Century Fox.

O relanzamento, que estivo até agora nas mans da Sony Pictures, tentará voltar ás orixes do persoaxe, que están no comic e mais nos seriais da rádio. Sam Raimi estaba daquela vencellado coma produtor, e con este troco de áires á Fox probábelmente continúe no mesmo papel. En 1994 a Universal xa lanzara unha adaptación ao cinema do persoaxe, interpretado por Alec Baldwin nun filme que pasou sen pena nin glória.

O mesmo Slade ven de facer público un problemiña co seu anterior filme, a segunda entrega da saga de Twilight. E todo porque seica Art Jones, o editor que traballou con Slade nesta e nas súas dúas anteriores longametraxes, ven de ser sustituído por Nancy Richardson.

Seica Jones entregou un traballo que os estudos atoparon “moi bó” pero ao que lle querían dar “máis forza“. Richardson editou o traballo orixinal de Catherine Hardwicke no primeiro filme de Twilight e agora regresou a facer a mesma laboura porque segundo dixeron, é mellor niso de lle dar un equilíbrio ás partes de acción e ás de romance na história. Por suposto, a Jones non lle gustou a decisión dos estudos e quere que a súa versión saia á luz algunha vez.