Splice consegue distribuidor

0
161

O filme sobre mutacións de Vincenzo Natali Splice semella estar a punto de chegar a onde moi poucos filmes dos que participaron no festival de verán de Sundance chegaron ou chegarán nunca: a ser estreada nas salas de cinema nos Estados Unidos.

A produtora de Joel Silver, a Dark Castle, está por se facer cos dereitos de distribución e proxecta estrear o filme en case 3000 salas de cinema ao redor da data do 4 de xuño deste ano.

O acordo incluiría ademais un importante compromiso sobre a mesma propriedade, unha história que vai sobre un moderno Frankenstein, e na que dous científicos (interpretados por Adrien Brody e Sarah Polley) crean unha forma de vida semi-humana.

O grupo empresarial Sony Worldwide Acquisitions era até agora a empresa que semellaba dispór dos dereitos, pero finalmente todo semella indicar que será a Dark Castle a que se leve o gato ao auga.