Harris xogará cos Pitufos

0
170

Neil Patrick Harris será o persoaxe de carne e óso na adaptación ao cinema con debuxos animados xerados por computador que dirixirá Raja Gosnell e que levará aos Pitufos á pantalla grande da man da Sony Pictures.

Orixinalmente creados en 1958 polo debuxante belga Pierre “Peyo” Culliford, os pequenos seres azuis coenzaron as súas andainas no mundo do cómic, pero non se fixeron realmente populares en todo o mundo até que nos anos 80 a Hanna Barbera os transformou en persoaxes de debuxos animados nunha série de televisión.

Jordan Kerner (Charlotte’s Web) será o produtor. A rodaxe escomezará en abril, cando Harris estea a descansar do seu papel na série de televisión Como coñecín á vosa nai.