A Cidade da Fonte

0
180

Após de converter os seus dous anteriores filmes en senllas franquías de éxito en As Crónicas de Nárnia e Shrek, o director novacelandés Andrew Adamson vai-se encargar doutra longametarxe fantástica titulada Fountain City e que producirá a Lightstream Pictures.

Adamson e Joby Harold son os autores do argumento deste filme, que conta cun guión do mesmo Harold e que será dirixido por Adamson. Os detalles da história están ainda baixo segredo.

O proxecto contará cun orzamento de mais de 100 millóns de dólares e será unha combinación de acción real con gráficos xerados por computador. Adamson, Aaron Warner, Tory Tunnell, Garrett Kelleher, Paul Currie e Lawrence Inglee serán os produtores.