Chegan mais pitufos

0
194

Jonathan Winters, George Lopez, Katy Perry e Alan Cumming veñen de se unir ao reparto de Os Pitufos, o filme que levará aos pequenos seres azuis á pantalla grande da man da Sony Pictures.

Tal e coma anunciáramos previamente, Neil Patrick Harris será o único actor de carne e óso que apareza no filme. Os catro actores mencionados nesta nova serán tan só as voces de diversos persoaxes da aldea pitufa.

Especificamente, Perry será a Pitufiña, Alan Cumming o Pitufo fortachón, e George Lopez o Pitufo Gruñón. Winters, que xalle emprestou a súa voz a moitos persoaxes na série de debuxos animados da tele, será o Papá Pitufo.